miércoles, 20 de diciembre de 2023

Exercicios da UD 7. Enerxía II

Este é o traballo para facer nas vacacións de Nadal:
  • No seguinte pdf tendes unha serie de preguntas sobre os contidos da UD 7. Enerxía II, que está na web da Consellería de Educación
  • Haberá que contestalas A MAN (NON en formato dixital) nos folios que precisedes, algunhas son curtas e outras máis longas, nestas últimas pídese que se resuma brevemente.
  • Para entregar na semana que volvemos ás clases, como tope o luns 8 de xaneiro.
  • Se houbese algunha dúbida podedes enviarme un correo a este enderezo: bafranepapu@gmail.com


viernes, 15 de diciembre de 2023

Experimentos de Física

Ides escoller un experimento ou máis se queredes deste blog: enlace. Pero non calquera, no menú da dereita os primeiros que aparecen son os de "Movimiento, fuerzas y energía" que é o que está relacionado co que estamos vendo en clase. 

Escolledes un deles e probades na casa, a próxima semana, o xoves ides presentalo aos vosos compañeiros explicando o fundamento físico do experimento, está todo ou case todo explicado nese blog, con vídeos incluídos. A experimentar!! Ánimo! 




TRABALLO UD8

Aquí vos deixo o enlace ao documento que explica o traballo para a UD 8. Ecoloxía e medio ambiente. Xestión sostible do planeta.  É un vídeo...